martes, 10 de noviembre de 2015
Conferencia de Xurxo Mariño.
O pasado 4 de novembro, día da ciencia en galego, Xurxo mariño, un neurocientífico moi coñecido, realizou unha conferencia, que tiña como título, a máquina que constrúe a mente e a realidade.
Na que Xurxo Mariño falaba de como funciona a mente, a onde vai o "eu" cando durmimos e se poden construírse máquinas artificiais que teñan mente, afondando na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade. E que o galego, coma todos os demáis idiomas se aprenden usándoos en todos os contextos, tamén empregandoos na ciencia e na tecnoloxía a pesar do Decreto para o Plurilingüismo que a Consellería de Educación impuxo para eliminar o seu uso como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos.
Na miña opinión, esta conferencia según o contexto era bastante interesante, e entretida, pero eu creo que da forma na que a realizou, fíxose menos amena e menos interesante. Desaproveitou un pouco o tempo que tiña, e a parte que eu creo que era a máis importante e interesante, a de responder as preguntas que lle realizaron as distintas persoas que estaban seguindo a súa conferencia, pasouna un pouco por encima e respondeu moi poucas podendo aproveitar máis o tempo que empregou nos outros conceptos e responder a máis preguntas, xa que había moitas moi interesantes e respondeu a algunhas que non tiñan sentido algún
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Moitas grazas pola reflexión, Dani. Tomo nota para outras ocasións similares. Realmente había moi pouco tempo para case todo na videoconferencia. Logo, durante a tarde, pasei máis de tres horas respostando por twitter a prácticamente todas as preguntas que se me fixeron. Se estás interesado, podes buscar co hastag #cienciaengalego.
ResponderEliminarUn saúdo!